Parte específica
Grupo IV, categoría 6 (axudante/a servicios técnicos//
oficial 2ª mantemento).
Tema 1. Estructura de vivenda, cimentos e sotos.
Pisos: muros exteriores, muro de cachotería, muros
de pedra interiores. Pavimentos: revestimento do
chan. Teitos: armazón e cuberta.
Tema 2. Distribución de auga no interior dunha
vivenda: reductor de presión, elevadores de auga,
canalización interiores. Materiais que se empregan
para canos. Precaucións que hai que tomar. Determinación
do diámetro dos canos.
Tema 3. Canalización de desaugamento: sifóns
para vertedeiros, lavabos, bañeiras. Condicións para
o seu funcionamento. Aparellos sanitarios. Vertedeiros
de gres, esmaltados de plástico, de aceiro
inoxidable.
Tema 4. Electricidade básica: constitución da
materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade.
Conductividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de
Joule.
Tema 5. Electricidade aplicada: aparellos de medida.
Equipos de medida e rexistro. Máquinas eléctricas
rotativas. Máquinas eléctricas estáticas.
Tema 6. Aparellos e compoñentes eléctricos: resistencias,
díodos, condensadores, transistores,
interruptores, tipos, contactores e relés térmicos.
Interruptores horarios e reloxos de conexión, lámpadas
e aparellos de iluminación. Planos e esquemas
eléctricos; interpretación.
Tema 7. Mecánica básica: aparellos de medida
e verificación. Elaboración de debuxos a man alzada
acoutados. Coñecemento de materiais, aplicacións.
Máquinas ferramentas. Mecánica aplicada: soldadura,
tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos
e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.
Tema 8. Fluídrica: conceptos e propiedades dos
fluídos, clases. Principio de Arquímedes. Principio
de Pascal.
Tema 9. Instalacións de lavandería industrial:
lavadoras, centrifugadoras, pasadoras de ferro, secadoras.
Instalacións de cociña industrial: marmitas,
fritidoras, peladoras, fornos, salamandras.
Tema 10. A seguridade e hixiene no traballo nos
seguintes campos: electricidade, instalacións eléctricas
de alta tensión, mecánica, xeradores de frío
e de calor e incendios. Aparellos e instalacións: riscos
e normas de seguridade.