Navegación |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PROPOSTA DE CARTA DE SERVIZOS |
|
|
PROPOSTA DE CARTA DE SERVIZOS
Os servizos técnicos de mantemento da Xunta de Galicia.
PRESENTACIÓN
Os profesionais dos departamentos de Servizos técnicos, mediante este documento, pretenden dar a coñecer as súas funcións e expoñer os servizos que xestionan, co obxectivo principal de que resulten máis accesibles e que poidan ser prestados do xeito máis eficaz posible.
1.Misión
O Servizo de mantemento está formado por profesionais das áreas de xestión, administración e técnica, con formación multidisciplinar que teñen como cometido a conservación e funcionamento das instalacións que conforman a infraestrutura básica dos centros dependentes da Xunta de Galicia en condicións seguras, fiables e eficientes, actualizando o valor das mesmas permanentemente dentro do marco normativo vixente.
2. Visión
Os servizos técnicos aseguran a conservación óptima e o funcionamento das instalacións ó seu cargo, xerando valor engadido e contribuíndo a que os centros da Xunta de Galicia desenvolvan plenamente a súa actividade e que logren os seus obxectivos mediante a prestación dun servizo excelente.
3. Valores
Servizo público:Colaboramos no desenvolvemento diario das actividades propias dos centros da Xunta de Galicia no cumprimento do servizo público que prestan.
Orientación ao cliente:Procuramos a satisfacción dos clientes no uso das instalacións dos centros da Xunta de Galicia.
Traballo en equipo:Fomentamos a participación de todos para lograr un obxectivo común, compartindo a información e os coñecementos.
Conduta ética:Actuamos con profesionalidade, integridade, moral, lealdade e respecto ás persoas.
Profesionalidade:Procuramos facer ben o noso traballo, con rigor, fiabilidade, calidade e achegando valor.
Eficiencia:Conseguimos os nosos obxectivos ó mellor custo posible.
Respecto ao medio ambiente:Na nosa actividade está presente o respecto ao medio ambiente, optimizando o consumo de materiais, adoptando medidas de aforro enerxético e contribuíndo á conservación do entorno desde todos os ámbitos.
Compromiso:Contribuímos aos obxectivos dos centros da Xunta de Galicia mediante un compromiso coa mellora continua que nos permita unha actitude de aprendizaxe permanente que permita o desenvolvemento profesional de compañeiros e colaboradores.
4. Funcións
1.Apoiar a misión e os obxectivos da institución á que pertencemos cos recursos humanos, técnicos e materiais de que dispoñen.
2.Proporcionar servizos diversificados que lles garantan á comunidade e á sociedade en xeral o uso de todas as instalacións.
3.Promover estratexias de mellora continuada para adaptarse aos cambios dentro das necesidades dos usuarios.
4.Colaborar en proxectos transversais con outras áreas e servizos da Xunta de Galicia destinados a mellorar os servizos existentes e desenvolver outros novos.
5.Participar en programas e convenios con outras institucións e organismos que teñan como finalidade a mellora dos servizos ofertados.
5. Estrutura organizativa
Configúrase como un departamento no que cun xefe de servizos técnicos e os oficiais de primeira e/ou de segunda e peóns que teñan asignados os respectivos centros baixo a dependencia do director ou persoa na que delegue.
SERVIZOS QUE PRESTA
a. Asegurarse e controlar o funcionamento correcto das instalacións que representan a
infraestrutura básica dos centros e departamentos.
b. Acometer programas de mantemento preventivo.
c. Realizar o mantemento correctivo de calquera tipo de defecto ou avaría que se presente na edificación e as súas instalacións.
d. Xestionar con empresas o subministro de repostos e as actuacións que fosen necesarias, controlando a intervención dos técnicos externos para garantir a seguridade e os niveis de calidade esixibles.
e. Xestionar a seguridade industrial das instalacións eléctricas, gases, líquidos combustibles e prevención de incendios, entre outras.
f. Promover antes os órganos correspondentes as necesidades en canto a obras de ampliación ou reforma de instalacións que sexan necesarias.
g. Informar e asesorar ante os órganos que correspondan de todos os proxectos de obras novas e das propostas de adquisición de equipos ordinarios asociados á actividade industrial, indicando, desde o punto de vista técnico, a súa posible viabilidade e avaliando as dificultades do seu mantemento posterior.
h. Levar á práctica as normas de actuación de aforro de enerxía eléctrica, gases e líquidos combustibles e dos produtos primarios que sexan necesarios.
i. Desenvolver un sistema de xestión medioambiental.
j. Elaborar e manter actualizada a documentación gráfica de todas as instalacións.
k. Xestionar a compra de materiais nas mellores condicións económicas posibles, así como o aprovisionamento necesario para a execución das tarefas propias do servizo que garanta o funcionamento de toda actividade.
l. Coordinar a recepción de obras.
m. Xestionar ante os distintos organismos permisos e autorizacións de funcionamento de instalacións.
n. Elaborar e manter actualizado o Proxecto do plan de autoprotección dos centros, así como organizar e colaborar na súa implantación.
o. Estruturar e organizar os servizos propios e externos.
PARTICIPACIÓN
Os usuarios e o persoal adscrito poderán colaborar na mellora da prestación do servizo
mediante:
-A formulación de queixas e suxestións conforme ao previsto nesta carta de servizos.
-O envío de escritos de comunicación postal e electrónica.
-As enquisas emitidas polo servizo.
-A participación nas distintas comisións e grupos de mellora.
- A comunicación persoal ou telefónica.
QUEIXAS E SUXESTIÓNS
Calquera usuario poderá formular a súa queixa ou suxestión sobre o funcionamento do servizo de mantemento da forma seguinte:
-No formulario electrónico de queixas e suxestións dispoñible na web.
-Por teléfono, fax, correo postal ou correo electrónico dirixido á dirección.
- Persoalmente, previa cita, co director ou con algún dos subdirectores.
DIRECTORIO
NORMATIVA REGULADORA
A xestión do funcionamento das instalacións da Xunta e o seu mantemento preventivo e correctivo estará presidida polas leis, regulamentos, normas e instrucións técnicas que sexas de aplicación con obxecto de manter os edificios e instalacións de acordo a como foron deseñados.
Entre elas cabe destacar:
-Normas UNE sistemas contra incendios.
-Normas UNE instalacións de gas.
-Normativa instalacións eléctricas.
-Normativa instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.
-Normativa aparellos de elevación e manutención.
-Normativa instalacións de gas.
-Normativa instalacións frigoríficas.
-Normativa aparellos a presión.
-Normativa residuos perigosos.
-Normativa produtos químicos.
-Normativa prevención de riscos laborais.
-Normativa seguridade das persoas.
-Normativa contratación pública.
- Normativa xestión económica e administrativa.
COMPROMISOS DE CALIDADE
1. Toma de decisións baseadas na análise de datos, as bases destes manteranse actualizadas econ información relevante.
2. Funcionamento garantido das instalacións nun 95%.
3. Redución progresiva dos tempos medios de resposta en resolución de avarías.
4. Cumprimento de, polo menos, o 80% dos obxectivos establecidos.
5. Execución de, polo menos, o 95% do presuposto anual de funcionamento e do 85% do presuposto anual para actualización e reforma das instalacións.
6. Peche de, polo menos, o 90% dos expedientes de gasto compartido tramitados no exercicio económico en curso.
7. Garantía da execución do 100% do mantemento preventivo legal.
8. Execución do 90% dos plans preventivos establecidos para as instalacións e execución do 80% das actuacións correctoras que sexan necesarias.
9. Garantía de procurar a coordinación de actividades empresariais, nas actuacións do servizo,nun 90%.
10. Adopción das medidas necesarias para garantir o cumprimento transversal do Sistema de xestión medioambiental.
11. Participar de forma continuada en procesos de avaliación externa e mellora da calidade dos servizos prestados.
12. Procurar a información permanente para manter a cualificación profesional necesaria e promoción do persoal adscrito ao servizo.
13. Actualización permanente da páxina web.
14. Adopción de medidas encamiñadas a favorecer a administración electrónica.
15. Actualización dos plans de autoprotección cando as circunstancias o requiran.
AVALIACIÓN DA CALIDADE
1. Indicadores relacionados cos tempos medios de resposta e de solicitudes de actuacións.
2. Indicadores relacionados coas queixas e suxestións.
3. Indicadores relacionados coas actuacións en materia de mellora de instalacións.
4. Indicadores relacionados coa xestión administrativa.
5. Indicadores relacionados cos obxectivos.
6. Indicadores relacionados coa xestión económica e orzamentaria.
7. Indicadores relacionados co persoal.
8. Indicadores relacionados coa xestión de instalacións.
9. Indicadores relacionados coa xestión medioambiental.
|
|
|
|
|
|
|
Desde Julio 2008 > 35312 visitantes (88756 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página! |
|
|
|
|
|
|
|