Asociación de profesionais do persoal de servizos técnicos da Xunta de Galicia
  Versión en galego
 


 
               
               

“somos capaces, queremos e estamos a facelo”
 
 

O X Congreso Nacional de Mestres Industriais e Técnicos de Mantemento do Sector Sanitario terá lugar en Valencia no Complexo Deportivo e Cultural a Petxina,los días 25, 26 e 27 de Abril de 2012.

http://www.atemasa.com/

inscrición
http://www.atemasa.com/congreso2012/

O labor do Técnico de Mantemento é un labor cada vez máis necesaria para o bo funcionamento das instalacións hospitalarias, tanto en hospitais públicos como privados.

Dispoñer de persoal cualificado permite ao Hospital o uso de instalacións mais alá do período proxectado.
 Os Hospitais teñen instalacións seguras, operativas, eficientes e compatibles grazas aos Técnicos de Mantemento.

  • Seguras cando non causan dano no funcionamento do día a día. 
  • Operativas porque funcionan segundo o deseñado e funcionan sempre.
  • Eficientes ao ter máis prestacións con menores custos.
  • Compatibles cos cambios de tecnoloxía.

    "O Técnico de Mantemento do Sector Sanitario permite ao Hospital e ao usuario da sanidade, dispoñer de instalacións seguras, operativas e eficientes, cos recursos e tecnoloxías mais avanzados do mercado".

    O Congreso Nacional de Mestres Industriais e Técnicos de Mantemento do Sector Sanitario é un foro de comunicación e encontro de profesionais no que intercambiar, debater, unificar e actualizar coñecementos, criterios, experiencias e liñas de actuación en materias como: lexislación, seguridade, xestión, compras, mantemento, calidade, prevención de riscos laborais, etc., facilitando aos técnicos de mantemento e mestres industriais e tamén á Industria que nos prové destes servizos, unha plataforma de intercambio, reflexión e análise dos novos retos que leva consigo o mantemento das instalacións sanitarias.
    Así mesmo e con visión de futuro, búscanse solucións á problemática específica dos servizos de mantemento que afectan aos Hospitais Públicos do Sistema Nacional de Saúde, levando a cabo unha función integradora dos Técnicos Profesionais con labor na xestión do Mantemento e os Provedores de materiais e servizos.

    O Congreso Nacional de Mestres Industriais e Técnicos de Mantemento do Sector Sanitario aposta por un mantemento eficiente, competitivo, flexible, innovador e en permanente formación.
     

Enlaces Formación



 



 

 Visita as mellores ligazóns relacionadas coa túa formacion.



 


 

 



 



 







Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Cartas de Servizos
 

A Xunta de Galicia considera as Cartas de Servizos como unha importante e útil ferramenta de xestión da mellora continua da Administración pública, pois permiten analizar os niveis de calidade na prestación dos servizos, adquirir explicitamente compromisos concretos orientados a dar satisfacción ás expectativas e necesidades detectadas dos cidadáns e facer públicos os resultados obtidos no cumprimento dos devanditos compromisos.

Corresponde á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (en diante DXARA) o labor de impulso, promoción e apoio do Programa de Cartas de Servizos na organización da Xunta de Galicia, e para ese efecto, pon a disposición de todos os departamentos e organismos interesados algunhas adecuadas ferramentas para facilitar a elaboración, seguimento e xestión das Cartas de Servizos.





 

  Aproveito para informarte de que a presidencia dispón do seguinte número de teléfono: 
                     650077085

Esperamos seguir contando coa tu confianza e participación neste proxecto de todos que xa é unha realidade.

 

 
Atentamente

 

A xunta directiva

 
 

 
 
  Desde Julio 2008 > 35303 visitantes (88745 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis