Asociación de profesionais do persoal de servizos técnicos da Xunta de Galicia
  Xornada
 
 

 
 



“somos capaces, queremos e estamos a facelo”

  
Esta é a web da  Asociación de servizos técnicos. Con ela queremos manter un contacto regular con todos os  membros da Asociación e que sirva de instrumento de difusión da mesma entre os seus asociados. 
 Nela publicaremos información relativa ao noso ámbito.


A web estará aberta a todos así que contamos coa vosa participación á hora de incluír noticias de interese xeral como a aparición de artigos e textos relevantes, convocatorias de congresos, etc. Así mesmo tamén podedes achegar calquera información que creades oportuna e de interese para o conxunto dos asociados. 



 NOVO ENLACE
FICHA PARA ASOCIARSE, ENVIAR A:
 ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO PERSOAL DE SERVIZOS TÉCNICOS DA XUNTA DE GALICIA 
 rúa República Argentina nº24 1º
 O Carballiño C.P:32500(OURENSE)



CURSOS DE FORMACIÓN  2009 PARA ASOCIADOS
                   
 








Fotos da Xornada




















Obsequio da Asociación a cada   relator


Paxaro (Reloxo de Sol)


Relatores
                
                 D.Lorenzo Parreño     
                        Moderador da Xornada
                        D. Antonio Grande Biosca
                        Responsable División incendio Honeywell
                        D. Ángel Sánchez Rodríguez
                        Xerente de vendas para España e Portugal 
                         Honeywell- CCTV
                        D. Román Lemos Porta
                        Xerente de 
                        Segurlem, S.L- Sistemas de Seguridad
                        D.Guillermo Álvarez
                       Xerente de Área Galicia ADI-INTERNATIONAL


                         
Data:      25 de febreiro do 2009 
Lugar: Escola Galega de administración pública-EGAP

 
Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4
    15707 Santiago de Compostela, A Coruña - España

1.-Título:
 
Xornada técnica sobre: “Seguridade contra incendios e tecnoloxías en materia de sistemas de seguridade para edificios e recintos de pública concorrencia”.
 
2.-Obxectivo:
 
O obxectivo da xornada é o de presentar, de forma global, a normativa e solucións novas e desenvolvementos tecnolóxicos que se están xerando no mundo dos sistemas de seguridade, especialmente os aplicados a edificios e recintos de pública concorrencia.
Cada vez máis, os sistemas de seguridade son instalacións necesarias nos edificios e espazos públicos. Instalacións de obrigado cumprimento, como a detección de incendios, están normalizadas, pero outras como os sistemas de Circuíto Cerrado de Televisión (CCTV), Alarmas por Intrusión ou Evacuación por Voz déixanse a criterio da enxeñería, do instalador ou do mesmo promotor, polo que se xera unha dispersión de coñecemento e como consecuencia unha instalación deficiente en numerosos casos.
 A xornada pretende trasladarlles aos técnicos que prestan os seus servizos na Xunta de Galicia aqueles coñecementos, que desde a Asociación de profesionais do persoal de servizos técnicos da Xunta de Galicia cremos interesantes para poder deseñar, implantar e explotar correctamente un sistema de seguridade. Para isto contamos coa colaboración de responsables de produto e clientes de Honeywell, que se prestan para desenvolver unha xornada técnica na que se ofreza unha visión técnica destas tecnoloxías e se deixe aberta a posibilidade de afondar canto sexa necesario en cada unha delas.
 
  Desde Julio 2008 > 27166 visitantes (55319 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=