Asociación de profesionais do persoal de servizos técnicos da Xunta de Galicia
  Por fin se pon en marcha
 
 

Bastantes foron as reunións nas que xefes, oficiais de 1ª e de 2ª debateron sobre problemas que lles foron xurdindo nos seus centros e traballo e que despois de compartilas en grupo viron que algunhas xa foran resoltas había tempo por outros compañeiros.

Téñense tratado intereses propios como a formación, o protocolo de mantemento, a promoción persoal, titulacións, valoracións de méritos nas ofertas públicas de emprego e un asunto que nos interesa moito que se concrete que son as funcións dos servizos técnicos. Ese tema negóciano os sindicatos coa administración. Un grupo do sector plasmou esas reivindicacións nun escrito que se presentou no ano 2000 aos representantes dos traballadores (sindicatos) e ao comité de empresa, pero ao respecto só se recibiron boas palabras.

Todas estas reunións demostráronnos que necesitamos non só un foro no que coñecernos e comunicarnos, se non tamén unha ferramenta que sirva para transmitir as nosas necesidades tanto á administración como aos representantes dos traballadores e poder dar así un mellor servizo á sociedade desde os distintos centros de traballo dependentes da Xunta de Galicia.

A futura asociación pretende ser esa ferramenta e pretende unirnos na consecución do todos aqueles fins que melloren o servizo e a nosa carreira profesional.

Para todo iso realizamos este boletín que, inicialmente, distribuiremos persoalmente para despois incluílo nunha páxina web.

Animámosvos a que participedes coas vosas impresións persoais para o que abriremos unha sección de opinión, así como aceptamos calquera achega de carácter técnico, lexislativo, etc., que vos pareza conveniente compartir.

 

Un cordial saúdo do seu Presidente

 Francisco Buceta



























 
  Desde Julio 2008 > 27166 visitantes (55321 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=