Asociación de profesionais do persoal de servizos técnicos da Xunta de Galicia
  Emprego público -Listas de Vinculación Temporal Decreto 37/2006
 
LISTA : LABORAL - GRUPO 3 - CATEGORÍA 069 - SEC/ESP 01
DENOMINACIÓN : OFIC.SERVICIOS TECNIC.//OFIC.1ªMANTEM.//OFIC.1ªOFICIOS

Información Administrativa

  • Consulta da información xeral da lista:
  • Taxas:
    • Importe: 16,65 euros
    • Importe Familia Numerosa Réxime Especial 0,0 euros
    • Porcentaxe de Minusvalía Mínimo para Exención de Taxas 33 %
  • Tipo de ámbito ó que se abre a lista: Delegacións
  • Número máximo de ámbitos: 3
  • Nivel de galego requerido: Perfeccionamento
  • Proba práctica.
  • Requisitos : TEC. SUPER. EN MANTEMENTO E MONTAXE DE INSTAL. EDIFICIO
  • Aplicada a discriminación positiva no desempate
http://www.xunta.es/administracions


LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL

DESCRICION DO PROCESO:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: abrangue do 1 de marzo ao 15 de xullo de cada ano.

Aqueles que desexen inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do galego e os demais que estableza en cada caso a correspondente resolución de apertura da lista). Naquelas listas que se atopen pechadas, só poderán inscribirse aqueles que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.

Os documentos que deberán presentar os interesados son os seguintes:

    • Solicitude de inscrición debidamente cuberta. Impreso do pago da taxa. Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego. Fotocopia do DNI. Fotocopia debidamente compulsada que acredita a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

ELABORACIÓN DAS LISTAS: no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS: será obxecto de publicación no DOG, dándose un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións ou subsanar causas de exclusión.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS: publicarase no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

BAREMACIÓN MÉRITOS: Os servizos prestados no mesmo grupo, corpo escala e categoría. Os exercicios superados no último proceso selectivo para o mesmo grupo, corpo escala ou categoría da Xunta de Galicia. Os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia. Estes méritos puntuaranse de oficio.

ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS: Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización no mes de febreiro de cada ano, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións. Nas categorías do Pladiga os integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos.

Unha vez revisadas as alegacións, publicarase a lista definitiva no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada. A puntuación por exercicios superados do último proceso selectivo actualizarase o día seguinte á publicación do nomeamento no DOG dos aspirantes que superaron o citado proceso.

CAMBIO DE DATOS PERSOAIS: O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio dos seus datos persoais en calquera momento, facéndose efectivo aos 15 días naturais dende a súa presentación.

MODIFICACIÓN DE ÁMBITOS: O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio de ámbitos no mes de xaneiro, facéndose efectiva o 1 de marzo dese mesmo ano. Os integrantes das listas de categorías do Pladiga que desexen modificar o concello de empadroamento farano, no mes de xaneiro, coa mesma solicitude de modificación de ámbitos e achegarán o certificado de empadroamento.

SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTOS: Os integrantes das listas que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión de chamamentos para non ser citados. Esta solicitude é irrenunciable. Producirá efectos aos dez días da súa presentación no rexistro do órgano competente. A suspensión poderá solicitarse por períodos de 2, 6 ou 12 meses. Calquera citación recibida antes de ser efectiva a suspensión deberá ser atendida polo interesado xa que en caso contrario quedará excluído da lista.

Se un integrante das listas non acude a un chamamento ou renuncia a éste quedará excluído da lista por un ano, podendo presentar reclamación ante a Comisión Permanente Central. A situación dos integrantes das listas poderá consultarse na páxina web da Xunta de Galicia así coma as citacións pendentes.




 
  Desde Julio 2008 > 27011 visitantes (54935 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=